Jump to content

Editor visual/Datos de probas de usuarios

From mediawiki.org
This page is a translated version of the page VisualEditor/Portal/Why/User Test Data and the translation is 94% complete.

Como parte dos nosos preparativos para o lanzamento pedimos a un grupo de usuarios de UserTesting.com que realizaran unha serie de tarefas, primeiro usando o Editor Visual e despois usando texto wiki. Algúns deles xa editaran no pasado, outros non o fixeran nunca. Está dispoñible o script das probas (en inglés).

Usando o editor da fonte

"Isto semella automaticamente confuso e abrumante."
"Había toneladas de xerga externa no medio do contido e non se parecía nada a como se visualizaba a páxina real ."
"Non quero ter que aprender outro idioma só para editar na Wikipedia."

Cando tiñan que traballar co editor das fontes, os usuarios tendían a ter o mesmo grupo de problemas. Moitos destes estaban centrados en identificar que tiñan que cambiar, porque con tanto etiquetado, atopaban difícil identificar as cousas na edición da fonte que coincidiran co que veían cando leían a páxina renderizada. Ós usuarios tamén lles preocupaba o lío da interface de edición, principalmente a gran cantidade de botóns na parte de abaixo da ventana de "gardar a páxina".

Os usuarios esforzáronse por entender o marcado wiki atopado en artigos de tamaño moderado, cando tentaron identificar partes, foi principalmente comparando a súa memoria da páxina renderizada con palabras individuais, e mirando o formateo ó redor desas palabras (por ejemplo, decatándose de que todas as cabeceiras teñen signos iguais, e con iso deducindo que os signos iguais fan que aparezan as cabeceiras). Cunha excepción, todos os usuarios atoparon o editor da fonte intimidatorio e optarían por non usalo.

Usando o editor visual

"Deixeino no pasado porque semellaba demasiado confuso. Co [editor visual] semella que calquera pode usalo."
"O [editor visual] é máis coma editar un documento word e non é tan intimidatorio coma o [editor de fonte] que semella máis coma editar código."

Atopáronse varios problemas co editor visual. Varios usuarios atoparon que engadir ligazóns era confuso, algo que xa anotamos e que estamos a evaluar, e que (como sabíamos) o editor visual era moi lento ó cargar as páxinas para algúns dos probadores.

Algúns outros erros (sen amañar), coma problemas ó grabar a páxina, tamén frustraban ós usuarios. Sen embargo, todos os usuarios concluíron que preferían usar o editor visual, un deles anotou que "[co editor visual] eu probablemente farei máis edicións. Esta interface foi moito máis sinxela de entender e tiña máis confianza en que os cambios que estaba a facer eran os cambios que quería facer. Tamén me gusta porque así teño unha oportunidade de revisar os cambios e decatarme deles.

Véxase tamén