VisualEditor/Portal/Por que
VisualEditor portal |
---|
General |
Acerca de |
Axuda sobre o lanzamento |
This page is obsolete. It is being retained for archival purposes. It may document extensions or features that are obsolete and/or no longer supported. Do not rely on the information here being up-to-date. |
Os números
O gráfico mostra a tasa de retención de novos editores a través do tempo, e o número de persoas que temos editando activamente. Como se pode ver, non é positivo. Wikipedia atópase no medio dunha crise con respecto ó número de editores. Estamos alonxando a moitos recentemente chegados, e estamos perdendo a alma de calquer proxecto colaborativo: os contribuíntes.
O que isto significa é que, sinxelamente, non temos a xente para facer o traballo que necesitamos. As solicitudes pendentes seguen aumentando, con menos xente para manexar a morea de tarefas en Special:NewPages, ou o mantemento de biografías de personas vivas (BLPs).
A promoción de artigos destacados e artigos bos mantense plana como resultado de non ter suficientes persoas non só para escribir os artigos, senon tamén para o seu mantemento. Todos temos unha historia acerca dalgunha área do seu traballo na que simplemente non hai persoas abondo para facer o traballo.
As razóns
Temos un problema, e hai moitas razóns para iso. Algunhas persoas vanse porque non queren contribuír de maneira productiva, o cal está ben. Outros vanse porque atopan a comunidade demasiado hostil, ou porque non poden atopar un lugar onde atopar axuda.
Pero en última instancia, moitas persoas marchan porque a edición é demasiado complexa. En 2001, cando se fundou Wikipedia, varios grandes sitios tiñan a expectativa de que os usuarios escribiran en formato de diversas formas, e nós fomos un deles. Escribir en formato era unha habilidade común nas persoas que traballaban en Internet, calquera que fora este BBCode, WikiTexto ou incluso HTML puro.
O problema é que agora estamos no 2013, e nós somos, senon o único sitio importante que segue utilizando o texto formateado, definitivamente o único que utiliza un formato tan complexo.
Deixando atrás o formato Wikitexto
En 2013, as persoas non esperan ter que aprender a sintaxe dun formato para escribir algo nun sitio web. A xente sorpréndese cando chegan aquí e teñen que facelo, e a maioría non se entusiasma coa experiencia. (Recibimos algunha confirmación daquilo nunha proba de usuario que diriximos antes do lanzamento do editor visual).
Moitos novos usuarios non empezan tentando facer grandes cambios, senon tentando pequenos cambios, e aínda así teñen que aprender a sintaxe Wikitexto só para ser capaces de ler o panel de edición. E así síntense intimidados e marchan, como demostra a nosa proba de usuarios.
A necesidade dunha mellor maneira de editar é algo que a comunidade recoñeceu unha e outra vez, tan cedo como en 2004. Como resposta, estamos desenrolando o editor visual; debido a que a xente pediuno, e máis importante, porque a xente o necesita.
O Wikitexto está intimidando ós recien chegados, e o nivel de intimidación irá en incremento en tanto outros sitios se moven cara adiante. Estamos desenrolando o editor visual porque se non o facemos, ese gráfico verase moito peor en cinco anos.
Non esperamos que todos o utilicen (o editor de fonte seguirá estando por aí) e non esperamos que convenza a todos. Pero estamos determinados a realizar un bo traballo, e determinados a demostrar o impacto que éste software pode ter, a través de probas de usuarios e datos cuantitativos.