Jump to content

User:Lea Lacroix (WMDE)/Cognate announcement/gl

From mediawiki.org
This page is a translated version of the page User:Lea Lacroix (WMDE)/Cognate announcement and the translation is 91% complete.
Outdated translations are marked like this.

Message sent on April 13th. Thanks to everyone who helped me translating <3 Lea Lacroix (WMDE) (talk) 10:12, 18 April 2017 (UTC)


Cognate e ligazóns de idioma automáticas

Ola a todos:

A partir do 24 de abril instalarase un novo sistema de ligazóns de idiomas en todos os Wikcionarios. A extensión, Cognate, liga automáticamente as páxinas dos Wikcionarios que levan o mesmo título. Isto significa que xa non será necesario engadir esas ligazóns a man nas páxinas do espazo de nomes principal.

Esta nova funcionalidade desenvolveuna Wikimedia Deutschland como primeiro paso do proxecto Wikidatos para Wikcionario, pero non fai uso de Wikidatos.

Para que a funcionalidade actúe hai que eliminar as antigas ligazóns de idioma dos textos wiki. Pode facelo cun bot, que é como se fixo na Wikipedia no pasado. Se deixa as ligazóns nos artigos, substituirán as ligazóns automáticas.

Durante o desenvolvemento tivemos moitas conversas con editores de Wikcionarios para intentar entender as súas necesidades, pero pode que algunhas ligazóns automáticas non funcionen como vostede esperaría. Se atopa algún error ou quere suxerir algunha mellora, non dubide en engadir unha subtarea en Phabricator ou engada unha mensaxe nesta páxina de conversa.

Grazas Lea Lacroix (WMDE) (talk)